Alimentes é a aposta educativa, de Aligera tu vida e Gadis, para fomentar os hábitos de consumo responsable e a alimentación saudable dos máis pequenos a través de materiais didácticos adaptados ao currículo oficial de 2º Ciclo de Educación Infantil e de Educación Primaria de Galicia e de Castela e León. Dentro deste programa, o día 18 de decembro ás 10:00 horas terá lugar unha xornada formativa dirixida a educadores na Sala Eisenman da Cidade da Cultura.
A formación será impartida por Pilar Casals, consultora e co-fundadora de intheMOVE con ampla experiencia no deseño e implementación de plans de desenvolvemento comunitario e innovación social orientada ao cambio en diferentes países de Europa.
O programa Alimentes pivota sobre 4 eixos centrais: alimentación saudable, actividade física, consumo responsable e desperdicio alimentario.
Ademais dos recursos didácticos adaptados ao alumnado escolar, Alimentes organiza visitas guiadas os supermercados Gadis realizadas por educadores da saúde e do medio ambiente, durante as cales os estudantes percorren as diferentes seccións do supermercado aprendendo a recoñecer as opcións máis saudables e sostibles.




















