Presentación Resurrection Fest

O Resurrection Fest de Viveiro, que este ano celebra seu décimo aniversario, fará na Cidade da Cultura de Galicia a presentación oficial da intensa carteleira de concertos que se desenvolverá entre os próximos días 15 e 18 de xullo. 

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e o Concello de Viveiro, como institucións que apoian o evento, e Estrella Galicia, como principal marca patrocinadora, acompañarán a Iván e David Méndez, director e subdirector do evento, respectivamente, na que será a principal comunicación dos contidos da edición de 2015 do festival de hardcore, punk e metal máis importante do país.

Como en anos anteriores, arredor de 80 grupos, a meirande parte deles internacionais, daranse cita unha vez máis na Mariña lucense para recibir 55.000 persoas chegadas de máis de 30 países. Catro días de concertos en plena natureza, tres escenarios diferentes de gran formato e tres bandas lendarias como cabezas de cartel: Motörhead, Korn e Refused, constitúen só os principais atractivos do Resurrection Fest 2015.

 
 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h