Presentación de plan de internacionalización: FOEXGA 2021

Xornada de formación en liña destinada a profesionais e empresas do sector cultural e creativo que queiran informarse sobre a recente convocatoria do Plan de Fomento das Exportacións Galegas, (Foexga), que no seu conxunto vai destinar 2,3 millóns de euros a impulsar 160 accións de internacionalización do tecido produtivo galego en máis de 20 países, das que se poderán beneficiar arredor de 630 empresas.

Esta nova edición do Foexga, que desenvolve a Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación, a través do Igape e en colaboración coas cámaras de comercio galegas, promove que as empresas poidan participar en accións de internacionalización como misións comerciais directas, feiras internacionais e en eventos promocionais durante 2021 e 2022 tanto en formato presencial como noutros alternativos, como o dixital.

Entre os mercados prioritarios para esta convocatoria do Foexga están China, India, Israel, Xapón, Portugal, Marrocos, Brasil, Emiratos Árabes, Estados Unidos ou Canadá, e no marco do programa a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela ten xa programadas un total de sete misións comerciais para impulsar as exportacións de pemes e autónomos aos seguintes destinos: Grecia e Chipre, Arxelia, Catar e Omán, Ecuador e Colombia, Suíza, Singapur e Malasia, e Chile e Perú. 

A xornada formativa sobre Presentación de plan de internacionalización: FOEXGA 2021 permitirá afondar nos detalles da convocatoria. Desenvolverase a través de videoconferencia e a asistencia é de balde, previa inscrición premendo aquí. Está enmarcada no Programa de Formación e Asesoramento para empresas e profesionais culturais que, en colaboración coa Cámara de Comercio de Santiago de Compostela, procura apoiar e mellorar a competitividade do sector neste momento especialmente delicado pola crise da covid-19.

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI