Presentación de 'A paisaxe de Galicia desde a bicicleta'

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda presenta un novo visor dixital con máis de medio cento de rutas ciclistas por toda Galicia, perfectamente cartografadas e en formato descargable para facilitar a súa consulta desde diferentes dispositivos electrónicos. A nova ferramenta darase a coñecer o mércores 14 de setembro ás 12 horas nun acto na Cidade da Cultura.

Todas as rutas incluídas neste novo visor dixital foron escollidas polo seu valor paisaxístico, pola seguridade e por ser aptas para circular en bicicleta nun grao alto. A Federación Galega de Ciclismo e a empresa do sector turístico Sherpa Project colaboran no proxecto, impulsado pola Xunta de Galicia.

As fichas de cada ruta inclúen unha ampla información do itinerario como fotos, mapas, nivel de dificultade —familiar, media e experto—, perfís do terreo e, de maneira moi singular, a situación dos miradoiros e lugares cun alto valor paisaxístico. Tamén incorporarán un código QR que redirixirá ao usuario a Wikiloc, unha aplicación gratuíta e moi estendida entre os ciclistas en todo o mundo, e a plataforma estará preparada para que se poida descargar e gardar o percorrido de cada ruta en diferentes dispositivos electrónicos, como GPS, reloxos intelixentes e móbiles.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI