Presentación congreso internacional OPPE

O Observatorio Profesional de Protocolo e Eventos (OPPE) presenta en rolda de prensa a celebración dun congreso internacional de profesionais do sector que terá lugar en Santiago de Compostela os días 11, 12 e 13 de novembro deste ano. O formato do encontro será híbrido (presencial e en liña) aínda que case medio milleiro de persoas xa mostrou o seu interese por asistir fisicamente á cita. 

A presentación deste congreso correrá a cargo de catro membros do seu Comité Executivo: o presidente do  OPPE, Rafael Vidal (quen fora xefe de Protocolo da Deputación da Coruña durante 44 anos); o vicepresidente do mesmo, Carlos Fonte, tamén director do Instituto de Protocolo ISEMCO e ex xefe de Protocolo dos Premios Princesa de Asturias (durante 33 anos), e as xefas de Protocolo da Xunta de Galicia, Isabel Figueira Raña e do Concello de Santiago, Ana Garrido Ruso, respectivamente. Eles darán a coñecer os principais obxectivos do encontro, que baixo o lema "Xacobeo'21. Camiñando xuntos", pretende que Santiago de Compostela non só sexa durante dous anos a capital cultural e relixiosa de Europa, senón tamén o centro internacional dos profesionais da organización de eventos de todo o mundo.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI