Premios Comercio Galego 2019

Gala de entrega dos Premios do Comercio Galego 2019, dirixidos a comerciantes retallistas de Galicia.

Con estes premios a Xunta de Galicia busca recoñecer e valorar o labor dos comercios tradicionais na innovación do comercio a través da evolución tecnolóxica, e así visualizar a excelencia e a importancia dos comercios galegos nas novas estratexias comerciais, distinguindo aqueles que apostan por situar ao cliente no centro da súa estratexia, aproveintando gtodos os recursos á súa disposición para achegarlle unha mellor oferta.

Os Premios Comercio Galego distinguirán aos establecementos que executan, a nivel provincial e autonómico, a súa xestión comercial mediante accións innovadoras que comporten unha clara diferenciación, unha mellora na fidelización e a personalización do servizo e do produto, para o cal se valorarán a transformación dixital, os servizos engadidos á propia oferta comercial, accións promocionais especiais e utilización de ferramentas tales como a web, o teléfono e as redes sociais como canles de comunicación e venda, e a integración entre as canles en liña e sen conexión.

En concreto, os premios Comercio Galego 2019, contan coas seguintes modalidades:

  • Premio Comercio de Galicia, cunha contía de 9.000 euros.
  • Premio Comercio Provincial, cunha contía de 4.000 euros.
  • Premio Iniciativa Dixital para asociacións de comerciantes, cunha contía de 2.000 euros.
 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta