Premio Voz de Liberdade

Entrega da novena edición do premio Voz de Liberdade que concede o Centro PEN Galicia e que recae na escritora Marina Mayoral. A escritora recibirá o galardón, unha peza orixinal do escultor Acisclo Manzano, nun acto celebrado no Auditorio Xosé Neira Vilas da Biblioteca e Arquivo de Galicia. Participará no acto o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez, acompañado polo director xeral de Políticas Culturais, Anxo M. Lorenzo.

O xurado, formado por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Bieito Iglesias, Xabier Castro Martínez, Inma López Silva, Pablo Rubén Eiré, Luís Menéndez, Xosé Ramón Pena e Manuel Guede, tivo en conta a súa obra literaria e ensaística e investigadora, cos seus traballos sobre Rosalía de Castro, Emilia Pardo Bazán e Valle-Inclán, e, "sobre todo, a súa constante defensa do dereito de expresión e de opinión e a reivindicación do papel da muller no ámbito da literatura e da sociedade en xeral".

En anteriores edicións o premio recaeu en Bernardino Graña, Úrsula Heinze, Francisco Fernández del Riego e Isaac Díaz Pardo, Marcos Valcárcel, María Xosé Queizán, Salvador García-Bodaño, Arcadio López Casanova ou Méndez Ferrín.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Nov 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Do 12 Nov - 13 Mar 2027
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h