A Fundación Arume organiza o 29 de outubro de 2024 no edificio Fontán da Cidade da Cultura Piñeiros 24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia, cuarta edición deste encontro internacional especializado nas coníferas.
Este ano, Francia será o país coprotagonista de Piñeiros 24, igual que en anos anteriores se lle prestara unha dedicación similar a Portugal (Piñeiros 23) ou a Euskadi (Piñeiros 22).
A conferencia principal correrá a cargo de Dominique Perrault, o arquitecto que ideou a Vila Olímpica de París, que en parte levantouse sobre estruturas híbridas de madeira, formigón e aceiro. No proxecto, empregouse o CLT (madeira contralaminada) en partes estruturais dos edificios, xunto con madeira laminada e con armazóns de madeira nas fachadas.
Francia, en especial a rexión de Nova Aquitania, é un dos referentes europeos no manexo do piñeiro do país (‘Pinus pinaster’), tanto a nivel forestal como industrial. En Piñeiros 24 contarase coa presenza de Xylofutur, a agrupación industrial de innovación do sector forestal – madeira do país veciño, e cunha serie de relatoras que, en tres mesas redondas, abordarán cuestións clave na cadea forestal – madeira, como son o papel da madeira na descarbonización e industrialización da construción, experiencias na xestión de montes e, en terceiro lugar, innovacións en usos e produtos complementarios que se extraen das coníferas.
Programa
08:45 Recepción e acreditación de asistentes.
09:30 Apertura.
- José Carballo, presidente da Fundación Arume.
- Frédéric Carteret, presidente de Xylofutur.
- Representante institucional da Xunta de Galicia.
10:00 Conferencia: O gran París en movemento. Dominique Perrault, arquitecto e urbanista.
10:30 A madeira na descarbonización e industrialización da construción. Modera: Teresa Táboas, vicepresidenta da Unión Internacional de Arquitectura.
- María Aramendia, arquitecta e directora de desenvolvemento no Estudio LA/BA (Paris).
- Daniel Hermosilla, CEO en Grupo Rodiñas Pretensados.
- José Antonio de Pedro, director de desenvolvemento en Distrito Natural.
- Jacques Bouillot, director de solulcións baixas en carbono en Grupo Eiffage Construcción.
12:00 Pausa café.
12:30 A xestión de montes: experiencias e perspectivas. Modera: Asun Cámara, coordinadora de Juntos por los Bosques.
- Bruno Lafon, propietario forestal e presidente do Syndicat des sylviculteurs du Sud-Ouest, Nouvelle Aquitanie.
- Jesús Ferreño Naveira, presidente da Comunidade de Montes de Castelo, Culleredo.
- Erundina Louro, presidenta da Comunidade de Montes de Antas, A Lama.
- Pilar Pérez Batallón, propietaria forestal e socia de Fincas Carballido S.L., Lugo.
- Francisco Dosil, presidente da Sociedade de montes sostibles de Cuns, Outes.
14:00 Pausa para xantar.
15:30 Innovando co piñeiro. Modera: Juan Picos, profesor da Escola de Enxeñería Forestal de Pontevedra, UVigo.
- FORESA Technologies. Luis Alberto Otero, responsable de innovación.
- Société DRT (Grupo Dsm-firmenich). Emmanuel Cazeils, responsable de innovación e desenvolvemento de negocio.
- Hifas Foresta. Enrique Fandiño, Plant Manager.
17:00 Cierre. Representante institucional da Xunta de Galicia.
Piñeiros24: foro de coñecemento entre Galicia e Nova Aquitania-Francia conta coa colaboración da Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega da Industria Forestal (Xera).
























