A Estratexia de Turismo de Galicia 2020 establece como unha das súas liñas estratéxicas un eixo que pivota en accións que traballan na mellora da paisaxe, permiten optimizar a xestión dos recursos naturais e fomentan a sustentabilidade, dada a importancia que estes factores teñen para un desenvolvemento de actividades turísticas que garantan a preservación da nosa contorna.
A quen se dirixe?
A Xornada "Os retos para adaptarse ao cambio no sector turístico de Galicia" diríxese, fundamentalmente, a profesionais do sector turístico e, en xeral, a toda a cadea de valor do mesmo, organizados a través do Clúster de Turismo de Galicia.
En concreto, a xornada enfocase a hoteleiros, hostaleiros, empresarios do turismo rural, axencias de viaxe, de turismo MICE, de turismo activo, etc. co obxecto de ampliar o coñecemento das materias tratadas e establecer contacto con outros axentes do sector.
De forma extensible, a xornada estará aberta a calquera outra entidade interesada en asistir. O prazo máximo para realizar a inscripción será o día 19 de febreiro de 2020 ás 19:00 horas.
Programa
11.00-11.30 Recepción de asistentes.
11.30-11.50 Inauguración.
- Josep- Francesc Valls, Catedrático ESADE, Director Aula Internacional Innovación Turística.
- Emilio Barreiro, director comercial de Banca de Empresas de CaixaBank en Galicia.
- Cesáreo González Pardal, Presidente CTG.
- Mª Nava Castro Domínguez, Directora Turismo Galicia.
11.50- 12.10 A Contorna Turística de Galicia. Javier Ibáñez de Aldecoa, Economista CaixaBank Research.
12.10- 12.35 Visión dos empresarios turísticos galegos sobre os retos da digitalización no sector turístico. Josep F. Valls, Catedrático ESADE, Director Aula Internacional Innovación Turística.
12.35-12.45 Financiamento de Proxectos de emprendimiento turístico vinculados ao XACOBEO 2021. Marcos Cereijo Castro, Responsable de Caixa Bank Hotels Tourism Galicia
12.45-13.05 Normativa Europea de Medios de pago. Pancho Pérez Salazar, Comercia Global Payments.
13.05-14.00 Mesa Redonda. Presenta e modera: Diego Hernández, Director Hotels Tourism CaixaBank. Interveñen:
- Jesús Picallo, Gerente hotel Semáforo de Fisterra.
- César Sánchez Ballesteros, Gerente Hotel Bahía de Vigo.
- Richard Huerta, Gerente hotel Ibis A Coruña.
- Alberto Rodríguez, Propietario cadea Alda Hotels.
13.05-14.00 Viño galego






















