Os retos para adaptarse ao cambio no sector turístico de Galicia

A Estratexia de Turismo de Galicia 2020 establece como unha das súas liñas estratéxicas un eixo que pivota en accións que traballan na mellora da paisaxe, permiten optimizar a xestión dos recursos naturais e fomentan a sustentabilidade, dada a importancia que estes factores teñen para un desenvolvemento de actividades turísticas que garantan a preservación da nosa contorna.

A quen se dirixe?

A Xornada "Os retos para adaptarse ao cambio no sector turístico de Galicia" diríxese, fundamentalmente, a profesionais do sector turístico e, en xeral, a toda a cadea de valor do mesmo, organizados a través do Clúster de Turismo de Galicia.

En concreto, a xornada enfocase a hoteleiros, hostaleiros, empresarios do turismo rural, axencias de viaxe, de turismo MICE, de turismo activo, etc. co obxecto de ampliar o coñecemento das materias tratadas e establecer contacto con outros axentes do sector.

De forma extensible, a xornada estará aberta a calquera outra entidade interesada en asistir. O prazo máximo para realizar a inscripción será o día 19 de febreiro de 2020 ás 19:00 horas.

Programa

11.00-11.30 Recepción de asistentes.

11.30-11.50 Inauguración.

  • Josep- Francesc Valls, Catedrático ESADE, Director Aula Internacional Innovación Turística.
  • Emilio Barreiro, director comercial de Banca de Empresas de CaixaBank en Galicia.
  • Cesáreo González Pardal, Presidente CTG.
  • Mª Nava Castro Domínguez, Directora Turismo Galicia.

11.50- 12.10 A Contorna Turística de Galicia. Javier Ibáñez de Aldecoa, Economista CaixaBank Research.

12.10- 12.35 Visión dos empresarios turísticos galegos sobre os retos da digitalización no sector turístico. Josep F. Valls, Catedrático ESADE, Director Aula Internacional Innovación Turística.

12.35-12.45 Financiamento de Proxectos de emprendimiento turístico vinculados ao XACOBEO 2021. Marcos Cereijo Castro, Responsable de Caixa Bank Hotels Tourism Galicia

12.45-13.05 Normativa Europea de Medios de pago. Pancho Pérez Salazar, Comercia Global Payments.

13.05-14.00 Mesa Redonda. Presenta e modera: Diego Hernández, Director Hotels Tourism CaixaBank. Interveñen:

  • Jesús Picallo, Gerente hotel Semáforo de Fisterra.
  • César Sánchez Ballesteros, Gerente Hotel Bahía de Vigo.
  • Richard Huerta, Gerente hotel Ibis A Coruña.
  • Alberto Rodríguez, Propietario cadea Alda Hotels.

13.05-14.00 Viño galego

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h