Obradoiros Vives Emprega - Acción contra a fame

A ONG Acción contra a fame inicia en setembro os talleres de formación prelaboral e laboral do seu programa Vives Emprega para apoiar a procura de traballo de persoas desempregadas ou en situación de precariedade laboral. Os talleres desenvolveranse no Espazo OFF da Cidade da Cultura.

Este programa constitúe unha nova maneira de axudar á busca de emprego, xa que favorece o desenvolvemento e mellora de competencias chave como a motivación, o autocoñecemento, a comunicación ou a negociación a través de ferramentas de coaching, acompañamento individualizado, voluntariado corporativo e intermediación con empresas.

As persoas participantes melloran as súas habilidades sociais e as súas competencias para o emprego. Unha parte da súa aprendizaxe é saber preparar un bo currículo ou facer unha boa entrevista, pero a maior parte supón coñecer as súas potencialidades, saber que obxectivo profesional queren alcanzar, motivarse e mellorar a súa autoestima.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027