Obradoiro sobre o proceso creativo en fotografía. O obxectivo final é realizar mellores fotografías, pero sobre todo proxectos que teñan realmente que ver coa nosa historia persoal, con aquilo que nos invita a ser orixinais. Está impartido polo fotógrafo Óscar Molina.
Está dirixido a profesionais e aficionados á fotografía que queiran profundizar na súa forma de mirar e no seu propio proceso creativo. Tamén está orientado a persoas con inquedanzas creativas aínda que non estean directamente ligadas coa fotografía.
O obradoiro propón unha reflexión e un percorrido polas diferentes fases dun modelo de proceso creativo. As sesións complétanse coa proxección de traballos que ilustran ideas sobre a xestación e desenvolvemento dos mesmos.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026

























