Obradoiro: 'Dereitos de autor, PI e protección de datos'

O 8 de maio terá lugar a seguinte sesión do programa de formación e titorización destinado a persoas emprendedoras e impartido no Centro de Emprendemento do Gaiás. Neste caso, a sesión tratará sobre dereitos de autor, propiedade intelectual e protección de datos e estará impartida polo avogado e axente da propiedade industrial, Alberto Álvarez. É ademais responsable do Departamento de Consultoría e Patentes e Marcas de Alvarez Real e ten máis de 10 anos de experiencia como Axente Oficial da Propiedade Industrial, representante Autorizado da Oficina de Armonización do Mercado Interior OAMI e representante Autorizado ante a Oficina Europea de Patentes.

Esta acción formativa, de 3 horas de duración, está destinada a persoas emprendedoras, tanto do Centro de Emprendemento do Gaiás como externas, interesadas en formarse en dereitos de autor e propiedade intelectual aplicada ó sector cultural. Na sesión analizaranse, desde unha perspectiva práctica, os conceptos teóricos da protección do coñecemento no sector cultural e creativo, tratando os aspectos legais da propiedade intelectual e as distintas modalidades de explotación e fórmulas de cesión e licenzas.

Afondarase no ecosistema da propiedade intelectual e dereitos de autor no sector cultural e nos diferentes actores que interveñen no proceso, ofrecendo instrumentos axeitados para coñecer, desde unha perspectiva teórica e práctica, as nocións básicas sobre dereitos de autor, dereitos conexos, marcas, deseños industriais e patentes. Identificarase ademais a protección que ofrece a lexislación actual os autores para a protección da súa obra.

A sesión contará tamén cunha segunda parte na que se tratará de maneira breve o Novo Regulamento Xeral de Protección de Datos, que obriga a todas as organizacións, grandes e pequenas, sen excepción, a modificar a forma en que viñan utilizando os datos de carácter persoal. Analizarase, desde unha perspectiva práctica, as novas obrigas, diferenzas coa anterior normativa, a forma de dar cumprimento ás novas esixencias legais e as consecuencias en caso de incumprimento.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI