Na Biblioteca de Galicia lese poesía

O Auditorio Neira Vilas da Biblioteca de Galicia é o escenario para que cinco das nosas poetasYolanda Castaño, Antonio García Teijeiro, Alba Cid, Aldaolado (María Lado e Lucía Aldao) e Rosalía Fernández Rial fagan unha libre interpretación da súa obra.

Sos ou acompañados de música como no caso de Yolanda Castaño co guitarrista e compositor Isaac Garabatos de imaxes ou da palabra doutros creadores da súa elección, cinco escritores realizarán unha lectura das poesías, súas ou alleas, que consideren mellores para celebrar os dez anos da Biblioteca de Galicia. Nesta programación especial polo décimo aniversario da Biblioteca de Galicia non podía deixar de ter protagonismo o xénero literario que lle deu ás nosas letras algunhas das súas obras máis senlleiras.