Na Biblioteca de Galicia lese poesía | Rosalía Fernández Rial

O ciclo Na Biblioteca de Galicia lese poesía chega a súa fin este sábado 27 coa lectura de Rosalía Fernández Rial, unha das poetas máis creativas e multidisciplinares do noso panorama literario.

Rosalía Fernández Rial (Carballo-Muxía, 1988), concibiuse a través da palabra, ideando unha xénese inicial desde a literatura escrita e a linguaxe escénica. Na súa fase filolóxica indaga sobre teatro clásico. Tras licenciarse inicia un período de mutación cara a didáctica das linguas, da literatura e da expresión dramática. En calquera caso, no seu proceso de transformación intelectual, mantivo sempre unha intensa preparación física e actoral, mediante as que intenta interpretarse. Poeta, narradora, ensaísta, creadora de presentacións performánticas e musicais que tamén leva ao ámbito audiovisual, Rosalía atrévese a pasar da grafía á acción fusionando todas as súas dimensións, o que a converte nunha das creadoras galegas máis innovadoras.

Acompañada do músico Sergio Moreira, na primeira parte do seu espectáculo Rosalía recitará poemas de "En clave de sol", "Vinte en escena" e "Ningún amante sabe conducir", facendo un repaso das súas primeiras obras. Na actuación de Rosalía tamén estarán presentes as súas dimensións escénica e experimental coa proxección dunha peza audiovisual. O seu último traballo, "Árbores no deserto", tamén estará presente coa voz da súa propia autora.

En definitiva, o sábado 27 poderase disfrutar dunha lectura especial e única de Rosalía Fernández Rial para celebrar o décimo aniversario da Biblioteca de Galicia.

 
Exposicións
 
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h