A Xunta de Galicia colabora coa Mobile Week Coruña organizando, o mércores 21 de novembro na Cidade da Cultura en Santiago de Compostela, unha Xornada de Ciberseguridade dirixida a empresas e á cidadanía en xeral. O evento divídese en dúas sesións:
A sesión da mañá, #PemeSegura.gal, está orientada a empresas e profesionais e contará con expertos na seguridade da información procedentes do INCIBE, e con Enrique Serrano, cofundador de Mundo Hacker. Inscrición á sesión #PemeSegura.gal.
Na sesión da tarde Ciberseguridade para tod@s, dirixida a pais e nais, nenos e nenas, educadores e cidadanía en xeral, trataranse medidas para facer un uso responsable de internet e protexernos ante cuestións como o fraude dixital, o sexting, a ciberviolencia de xénero ou ciberbullying. Inscrición á sesión Ciberseguridade para tod@s.
Programa de #PemeSegura.gal
- 9.15h Acreditacións.
- 9.30h Presentación institucional. Mar Pereira. Directora de Amtega e Antonio R. del Corral. Presidente do Clúster TIC.
- 9.45h Relatorio: Ciberseguridade: que está pasando no ciberespazo?. Luis Hidalgo, Departamento de Relacións de INCIBE.
- 10.30h Relatorio principal: Xestionar a ciberseguridade nas empresas dun xeito maduro. Enrique Serrano Aparicio. Experto en ciberseguridade.
- 11.30h Pausa-café.
- 12.00h Mesa temática de expertos, moderada por Adrian Lence, director da Área de Infraestruturas e Telecomunicacións de Amtega
Novo regulamento de protección de datos. Adenda
Novos servizos de seguridade. Tarlogic
A seguridade en contornos industriais. Balidea
Incidentes de seguridade. Inprosec
Recuperacion frente a desastres para pemes. Ultreia
- 13.30h Peche.
Programa de Ciberseguridade para tod@s
- 16:30h Inauguración.
- 16:45h "Sexting, ciberviolencia de xénero e privacidade como factor de protección" - Ana Gálvez.
- 17:15h "Por unga rede saudable" - Luis Fernando Villar Santos.
- 17:45h "Fraude online: riscos no espazo dixital" - Carlos Pérez.
- 18:15h Mesa de debate: "Ciberseguridade para tod@s", moderado por Marcus Fernández.
- 18:45h Preguntas.
- 19:00h Peche da xornada.























