Life Seacan: Final Workshop

O proxecto Life Seacan nace cun compromiso claro pola preservación do medio mariño. Galicia é, neste sentido, unha rexión con gran diversidade mariña e que depende, en gran medida, das súas costas, polo que a conservación destes ecosistemas require dunha una elevada responsabilidade.

No marco deste proxecto desenvólvense dúas tecnoloxías: AGS (Aerobic Granular Sludge) e MBBR(Moving Biofilm Bed Reactor) que apostan por unha xestión sustentable das augas residuais procedentes da industria conserveira. Estes innovadores sistemas de tratamiento – baseados en bioprocesos de biopelícula – permitiron reducir o consumo enerxético do proceso e, consecuentemente, a pegada de carbono, ademais de obter un efluente de óptima calidade para o seu posterior verquido no cauce natural.

O día 8 de outubro en Santiago de Compostela terá lugar o workshop final deste proxecto, “Cara unha xestión sustentable na industria agroalimentaria: Innovación no tratamento e valorización de correentes residuais”, onde se tratarán todas estas temáticas, dando un paso cara a unha xestión cada vez máis sustentable que interfira cada vez menos no medio natural.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI