ISACA Roadshow Galicia 2019

O capítulo español de ISACA organiza un roadshow en Santiago de Compostela o vindeiro 18 de setembro, que terá lugar no Edificio CINC da Cidade da Cultura. A xornada espera reunir un amplo grupo de profesionais da área de goberno, auditoría e riscos de TI, e ciberseguridade.

Durante a xornada terán lugar relatorios e mesas redondas nos que participarán expertos en cada área, sempre baixo un enfoque práctico e orientado a casos de éxito, coa finalidade de conseguir un intercambio de coñecemento e de boas prácticas.

Entre os temas que se abordarán, atópanse a xestión de crises en ciberseguridade e a auditoría e xestión de riscos tecnolóxicos no sector industrial, que se combinarán con temas máis locais como, por exemplo, a análise da situación da profesión en Galicia.

A asociación espera reunir un cento de profesionais neste evento.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI