Investigando para un futuro sen lumes

O 30 de setembro de 2025 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura terá lugar a xornada Investigando para un futuro sen lumes. O evento, organizado polo Centro de Interpretación Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) consistirá nunha mesa redonda na que se abordará unha temática transcendente e de impacto, a prevención dos lumes forestais. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral, con acceso libre ata completar a capacidade da sala.

A mesa contará cun bo panel de expertas e expertos do CISPAC procedentes de disciplinas como a historia, a economía, a socioloxía, a bioloxía ou a enxeñaría forestal. Intervirán: 

  • Stefania Barca (Historia-USC): O marco da Transición xusta e a prevención dos lumes
  • Eduardo Corbelle Rico (Enxeñaría Agroforestal-USC): A homoxeneización da paisaxe como antesala dos incendios
  • Jaime Fagundez (Bioloxía-UDC): Plantas, vexetación e lume, moito máis que combustíbel
  • Lourenzo Fernández Prieto (Historia-USC): Gobernanza paisana. Garantía de prevención
  • Xoaquín Fernández Leiceaga (Economía-USC): Algunhas ensinanzas da vaga de 2017
  • Horacio García (Xeografía-USC): Bosques, xente e futuro: construír un país sen lumes
  • Noortje Keurhorst (Economía-UVigo): Lumes e montes de veciños
  • Edelmiro López Iglesias (Economía-USC): Algunhas causas estruturais dos incendios
  • Elvira Santiago e Carmen Rodríguez (Socioloxía-UDC): Lume. Análise social dos incendios forestais
  • Xavier Simón (Economía-UVigo): Transición enerxética para a resiliencia local e rural
  • David Soto (Historia-USC): Incendios forestais e industrialización da agricultura en Galicia
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI