O 30 de setembro de 2025 no Edificio Fontán da Cidade da Cultura terá lugar a xornada Investigando para un futuro sen lumes. O evento, organizado polo Centro de Interpretación Centro de Investigación Interuniversitario das Paisaxes Atlánticas Culturais (CISPAC) consistirá nunha mesa redonda na que se abordará unha temática transcendente e de impacto, a prevención dos lumes forestais. Trátase dunha actividade aberta ao público en xeral, con acceso libre ata completar a capacidade da sala.
A mesa contará cun bo panel de expertas e expertos do CISPAC procedentes de disciplinas como a historia, a economía, a socioloxía, a bioloxía ou a enxeñaría forestal. Intervirán:
- Stefania Barca (Historia-USC): O marco da Transición xusta e a prevención dos lumes
- Eduardo Corbelle Rico (Enxeñaría Agroforestal-USC): A homoxeneización da paisaxe como antesala dos incendios
- Jaime Fagundez (Bioloxía-UDC): Plantas, vexetación e lume, moito máis que combustíbel
- Lourenzo Fernández Prieto (Historia-USC): Gobernanza paisana. Garantía de prevención
- Xoaquín Fernández Leiceaga (Economía-USC): Algunhas ensinanzas da vaga de 2017
- Horacio García (Xeografía-USC): Bosques, xente e futuro: construír un país sen lumes
- Noortje Keurhorst (Economía-UVigo): Lumes e montes de veciños
- Edelmiro López Iglesias (Economía-USC): Algunhas causas estruturais dos incendios
- Elvira Santiago e Carmen Rodríguez (Socioloxía-UDC): Lume. Análise social dos incendios forestais
- Xavier Simón (Economía-UVigo): Transición enerxética para a resiliencia local e rural
- David Soto (Historia-USC): Incendios forestais e industrialización da agricultura en Galicia
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























