Innovando en Diabetes

As xornadas 'Innovando en Diabetes' traerán á Cidade da Cultura a investigadores e profesionais sanitarios de toda España que están a traballar en mellorar a prevención, o tratamento e a atención aos pacientes de diabetes. As xornadas será os días 23 e 24 de novembro no Salón de Convencións do Edificio CINC.

'Innovando en Diabetes' servirá para compartir información sobre os últimos avances na investigación desta doenza e evaluar a estratexia nacional en diabetes do Sistema Nacional de Saúde.

Nas xornadas falarase de tratamentos curativos punteiros, como a cirurxía metábolica ou o trasplante de illotes pancreáticos, do emprego da historia clínica electrónica e das novas tecnoloxías para mellorar a atención das persoas con diabetes, da utilidade e riscos das redes sociais á hora de informar sobre esta doenza, das apps para dispositivos móbiles que existen actualmente para o seguimento da enfermidade, e do papel das asociacións de pacientes e dos pacientes empoderados na mellora do control da diabetes, entre outros temas.

As xornadas diríxense especialmente a investigadores, médicos e profesionais sanitarios e están organizadas pola Axencia de Coñecemento en Saúde (ACIS), o SERGAS e a Consellería de Sanidade, co patrocinio de Astrazeneca. O programa completo de 'Innovando en Diabetes' pode consultarse aquí.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI