O Instituto Galegodo Viño é unha entidade educativa privada con 10 anos de historia dedicados á difusión da cultura do viño en Galicia e enfocados en dar a coñecer os seus viños ao resto do mundo.
Desde setembro do 2022 a xuño de 2023 desenvolve a 10ª Edición do Curso Superior de Sumiller Profesional. Trátase do único máster privado en Galicia orientado á formación de profesionais do sector. O curso consta de clases presenciais con MastersofWine, Sommeliers de 3* Michelin, Doutores en Enoloxía, Adegueiros de renome... Máis de 500 viños catados por ano e 5 viaxes formativas nacionais e internacionais a zonas vitivinícolas.
- Clases presenciais todos os luns no Espazo OFF da Cidade da Cultura, desde o 26 de setembro de 2022 ata o 6 de xuño de 2023.
- Horario: De 9:00 a 14:00 h e de 16:00 a 20:00 h
- As viaxes formativas realízanse habitualmente os martes
- Dirixido: Catadores e camareiros; titulados en FP relacionados coa materia; persoal de tendas especializadas, traballadores, empresarios e directivos do sector hostaleiro; viticultores, enólogoes/enólogos e persoal de adegas en xeral; titulados en hostalería que desexan especializarse; distribuidores e importadores; xornalistas especializados, bloggers e comunicadores ; afeccionados que desexan profundar os seus coñecementos e docentes relacionados co ámbito vitivinícola.
Feb - Set 2026
De martes a domingo
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI
























