Chega á Cidade da Cultura a terceira edición do D10! Encontro para a Formación e Innovación no Circo, organizado por Pistacatro. Este haberá tres obradoiros sobre actuación, danza acrobática e captación de públicos nas artes escénicas. Este último terá lugar no Gaiás os días 26 e 27 de novembro.
Os cursos están especialmente dirixidos ós profesionais do Circo pero tamén se abren a calquera outros profesionais doutras artes escénicas que estén interesados en compartir e aprender xuntos. A inscrición para os obradoiros pode facerse a través do seguinte formulario.
- 21 e 22 de novembro. "O actor de circo, por un entrenamento creativo". Curso impartido por Roberto Magro, director artístico da Central do Circ, artista de circo, dramaturgo, profesor e director. Tamén realizou a dirección artística da escola de circo Flic en Turín entre 2005 e 2013. Director de espectáculos para escolas de circo, asimesmo, traballa como dramaturgo en compañías de danza como Enclave Arts do Moviment (Roberto Olivan), Kike Peon e outras. Desde o ano 2007 é o director dun taller de creación en Deltebre Dansa e creou Brocante, un festival internacional de circo contemporáneo en Valcovera (Italia).
- 24 e 25 de novembro. "Microbatics". Impartido por Winston Reynolds, graduado en Circomedia (curso da FDA, 2010-2012), completou a súa licenciatura en ACAPA (Academia de Circo e Performance Art, Países Baixos, 2012-2016). Dentro desta educación especializouse en danza acrobática e contacto en parella xunto ao seu compañeiro Axel Guérin. Foi guiado e influenciado polas ensinanzas de Alexander Vantournhhout, quen lle presentou a varios mestres influentes e oportunidades dentro da comunidade de danza e movemento. Actualmente está participando na produción 'Rede Haired Men' (Alexander Vantournhhout), que estreará en outubro de 2018 en Marsella.
- 26 e 27 de novembro. "Obradoiro de captación de públicos nas artes escénicas" [Cidade da Cultura]. Impartido por Miren Martín, licenciada en Ciencias da Información e Máster en Marketing e Xestión de Comunicación. Encárgase da comunicación de conexións improbables, traballa de consultora de comunicación e ensina clases de comunicación 2.0 (especializada en Cultura e emprendemento). Como xornalista, recibiu unha Mención de Honra nos Premios Inserso e recibiu o 2º Premio de Radio nos Premios Emakunde, Instituto Vasco de Mulleres. Foi tamén fundadora e blogger en Doce Miradas.
O Encontro D10! concíbese como un espazo centrado na producción de coñecemento sobre o Circo e como unha plataforma destinada á mellora e á innovación do sector en Galicia e en conexión con outras partes do mundo. As xornadas contan co apoio do Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música e a colaboración do Centro Dramático Galego y de Agadic.
Ademais dos obradoiros, o D10! acolle este ano a estrea en Galicia do espectáculo FUTURO ANIMAL, da compañia Twinsting the Balance, o vindeiro 30 de novembro no Salón Teatro.






















