III Encontro CeMIT-Innova

A Cidade da Cultura acolle o 3º Encontro do Programa CeMIT-Innova, promovido pola Amtega, no marco do Plan de Inclusión Dixital 2020 da Xunta de Galicia e aliñado coa Axenda Dixital de Galicia 2020.

A través do Programa CeMIT-Innova (que inicia xa a súa 3ª edición), Amtega desenvolve o espírito de traballo activo e colaborativo, impulsando proxectos para a superación de desafíos sociais, que converten as aulas CeMIT en espazos onde a tecnoloxía está ao servizo da Innovación Social Dixital.

Convencidos de que só se poden impulsar este tipo de accións coa implicación de todos os axentes sociais, queremos convidalo a impulsar - a través de CeMIT-Innova - un novo modelo de relación social no seu territorio.  E a participar neste evento onde:

  • Compartiranse os logros alcanzados en anos anteriores.
  • Achegarase o concepto de Innovación Social Dixital a través dos nosos veciños e veciñas e as súas experiencias.
  • Informarase sobre a apertura dunha nova convocatoria do Programa onde seleccionaranse 10 novos proxectos pilotos.

Na xornada contaremos ademais cun referente como Juan Freire, conferenciante habitual como analista de novas tendencias sociais e económicas asociadas aos procesos de cambio tecnolóxico e social, que nos dará a súa visión acerca do importante rol que xogan concellos e Aulas CeMIT como axentes do cambio.

 

 

 

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta