III Edición Galicia Global

Galicia Global, a rede de líderes galegos internacionais que impulsa AED co apoio do Igape, celebra a súa terceira edición cun encontro para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias entre o colectivo de directivos de Galicia e os directivos galegos no exterior.

A xornada terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro xoves 19 de decembro, entre as 12 e as 14 horas. Ao longo do encontro, varios executivos de alto nivel compartirán as súas experiencias profesionais e a súa visión da economía desde unha perspectiva global.

Este ano, ademais, o programa do evento incorpora dúas novidades: por unha banda o Premio Galicia Global, co que será galardoado o líder galego con maior proxección internacional e que este ano recibe a CEO de DomusVi, Josefina Fernández, e por outro, a presentación do informe «Directivos galegos no exterior», que revela as inquietudes e perspectivas profesionais dos executivos galegos expatriados.

Axenda

12:00 h. Benvida aos asistentes, a cargo de Amalia Baltar, presidenta de Dircom Galicia e vicepresidenta do Consello de AED Galicia.

12:05 h. Presentación do informe “Directivos galegos no exterior”.

12:20 h. Debate, moderado por Juan Manuel Cividanes, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape):

  • Raúl Baltar, socio fundador de Bamboo Venture Capital e BCA Consultores (Perú).
  • Iago Crespo, director xeral de Genesal Energy (México).
  • Pilar Fernández-Hermida, directora de i- Expand (Reino Unido).

Mirando o mundo desde Galicia

  • Tatiana López, CEO de Nanogap.
  • Santiago Rey, director xeral corporativo de Televes.
  • Yolanda Román, directora de Asuntos Públicos de Uber.


13:30 h. Entrega do Premio Galicia Global (patrocinado por Naturgy) a Josefina Fernández, CEO de DomusVi.

13:40 h. Intervención da premiada.

13:55 h. Peche da sesión.

14:00 h. Cóctel.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h