Galicia Global, a rede de líderes galegos internacionais que impulsa AED co apoio do Igape, celebra a súa terceira edición cun encontro para favorecer as relacións e o intercambio de experiencias entre o colectivo de directivos de Galicia e os directivos galegos no exterior.
A xornada terá lugar na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela o vindeiro xoves 19 de decembro, entre as 12 e as 14 horas. Ao longo do encontro, varios executivos de alto nivel compartirán as súas experiencias profesionais e a súa visión da economía desde unha perspectiva global.
Este ano, ademais, o programa do evento incorpora dúas novidades: por unha banda o Premio Galicia Global, co que será galardoado o líder galego con maior proxección internacional e que este ano recibe a CEO de DomusVi, Josefina Fernández, e por outro, a presentación do informe «Directivos galegos no exterior», que revela as inquietudes e perspectivas profesionais dos executivos galegos expatriados.
Axenda
12:00 h. Benvida aos asistentes, a cargo de Amalia Baltar, presidenta de Dircom Galicia e vicepresidenta do Consello de AED Galicia.
12:05 h. Presentación do informe “Directivos galegos no exterior”.
12:20 h. Debate, moderado por Juan Manuel Cividanes, director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica (Igape):
- Raúl Baltar, socio fundador de Bamboo Venture Capital e BCA Consultores (Perú).
- Iago Crespo, director xeral de Genesal Energy (México).
- Pilar Fernández-Hermida, directora de i- Expand (Reino Unido).
Mirando o mundo desde Galicia
- Tatiana López, CEO de Nanogap.
- Santiago Rey, director xeral corporativo de Televes.
- Yolanda Román, directora de Asuntos Públicos de Uber.
13:30 h. Entrega do Premio Galicia Global (patrocinado por Naturgy) a Josefina Fernández, CEO de DomusVi.
13:40 h. Intervención da premiada.
13:55 h. Peche da sesión.
14:00 h. Cóctel.






















