Trala celebración dunha primeira xornada titulada "Historia do Camiño de Santiago e aprendizaxe do español como lingua estranxeira", o departamento de Cursos Internacionais da Universidade de Santiago de Compostela convoca un novo encontro, centrado nesta ocasión na formación orientada ao ensino do español con fins específicos.
Contará coa participación da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e desenvolverase en liña desde o Estudio Galicia MICE, situado no Edificio CINC da Cidade da Cultura.
Mar - Dec 2026
Mai - Out 2026
Xuñ - Out 2026
16 set 2026
De 19:00h a 20:00h






















