II Foro de Investimento proxectos Coworking IGAPE - EOI

O vindeiro 7 de marzo o Museo Centro Gaiás acollerá unha xornada destinada á posta en valor e procura de financiamento para os proxectos dos Espazos de Coworking do Igape e a EOI.

O evento ten como obxectvo dar a coñecer e apoiar a algúns dos mellores proxectos empresariais desenvolvidos nos 8 espazos de coworking postos en marcha en Galicia polo Igape e a EOI: Santiago de Compostela, Ferrolterra, Mariña lucense, Ribeira Sacra, Costa da Morte, Celanova e Terras da Limia, Ourense e O Salnés. Estes espazos son un lugar de traballo destinado a emprendedores innovadores nos cales facilitar o éxito na maduración e posta en marcha de novos proxectos co apoio de titores e mentores, así como da propia rede que se configura entre os participantes.

A xornada comezará ás 9:30 horas, coa celebración do II Encontro dos espazos coworking Igape-EOI, que permitirá aos asistentes coñecer de primeira man as iniciativas empresariais postas en marcha polos emprendedores e novos empresarios dos Coworking facilitando un espazo onde relacionarse e aprender da súa experiencia.

Posteriormente terá lugar o II Foro de investimento de proxectos dos espazos coworking que dará comezo ás 12:15 h. O foro permitirá pór en contacto a investidores privados e entidades financeiras cos promotores de varios dos mellores proxectos desenvolvidos nos espazos de Coworking. A tipoloxía destes proxectos empresariais abrangue dende o sector forestal, o deseño, o sector téxtil, a saúde ou a tecnoloxía entre outros.

Máis información e inscricións nos seguintes enlaces:

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h