II Foro de Innovación Produtiva do Sector Agrario

Segunda edición do Foro de Innovación Produtiva no Sector Agrario, evento que serve para presentar os resultados de diferentes iniciativas apoiadas con fondos Feader e da Consellería do Medio Rural co fin de impulsar a innovación no sector produtivo primario en Galicia. Na primeira edición do encontro presentáronse 32 proxectos innovadores cunha clara vocación de transferencia cara ao sector agroalimentario galego.  

O evento está organizado por Agacal, Axencia Galega de Calidade Alimentaria, instrumento básico de actuación da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción e protección da calidade diferencial dos produtos alimentarios galegos acollidos aos distintos indicativos de calidade. Ten como obxectivos investigar e realizar o desenvolvemento tecnolóxico no sector agroalimentario, así como desenvolver as actividades de I+D+I nos sectores agrario, gandeiro e forestal.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta