I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta

Os vindeiros 27 e 28 de novembro Galicia acollerá o I Foro Iberoamericano de Compra Pública de Innovación e Innovación Aberta, co obxectivo de seguir impulsando a Compra Pública de Innovación (CPI) como un instrumento que permite o desenvolvemento de solucións innovadoras que dean resposta aos retos e necesidades da sociedade. A nosa Comunidade é referente a nivel europeo en Compra Pública Innovadora —aglutinou o 40% do investimento total en proxectos de CPI en España no periodo 2007-2013 e ten recibido numerosos recoñecementos neste ámbito— e busca agora posicionarse como referente en Iberoamérica, establecendo unha relación estable entre España e América neste campo.

O obxectivo do foro é chegar a todos os axentes que participan nos procesos de innovación no sector público, entendendo este proceso como un exemplo de colaboración público-privada e relación entre diferentes áreas do goberno:

  • Funcionarios públicos: persoas que traballan en áreas de adquisicións e compras da Administración.
  • Promotores de innovación: entidades que se encargarán de deseñar e implementar accións que fomenten a I+D+I empresarial.
  • Tecido empresarial innovador: empresas que provén ou teñen potencial para prover á Administración pública de produtos e servizos innovadores. Inclúe clústeres e entidades empresariais.
  • Empresas tractoras: empresas que polo seu tamaño e impacto no mercado poden requirir solucións innovadoras e co-desenvolvelas co tecido empresarial innovador.

O enfoque do evento será totalmente disruptivo, incorporando unha combinación de diferentes formatos como charlas inspiradoras, mesas de debate, obradoiros e smart speeches. Estará deseñado de forma práctica para que todos os asistentes interactúen e centrado no desenvolvemento de habilidades para innovar que faciliten o cambio cara a unha cultura da innovación pública.

As persoas interesadas en asistir poden consultar o programa aquí e inscribirse a través deste enlace.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h