I Encontro 21 días co galego e +

A Cidade da Cultura acolle o «I Encontro 21 días co galego e +», unha xornada de confraternización na que participarán todos os centros implicados no programa de dinamización lingüística 21 días co galego e +, impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades. O acto contará coa presenza tamén do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

O encontro desenvolverase no Edificio Fontán da Cidade da Cultura o martes 28 de febreiro de 2023 a partir das 13:30 horas e servirá para que o alumnado comparta as súas experiencias no programa.

Nesta quinta edición de 21 días co galego e + tomaron parte un total de 12 centros educativos, case 400 docentes, 88 membros do persoal de administración e servizos e 4.078 estudantes de 10 a 18 anos xunto coas súas respectivas familias, sendo a máis numerosa das realizadas ata o de agora.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027