Homenaxe a Joseph Beuys

A Cidade da Cultura acolle a Homenaxe a Joseph Beuys, unha iniciativa didáctica enmarcada dentro da V Semana Internacional da Educación Artística da Unesco na que participan máis dunha vintena de centros escolares de infantil, primaria e educación especial, asociacións de pais e institucións da comarca de Arousa, e que conta coa colaboración dos alumnos do Master de Educación da Universidade de Santiago.

Co obxectivo de achegar a arte e estimular a creatividade das novas xeracións, este proxecto consistiu na elaboración dunha instalación colectiva, formada por un conxunto de cadeiras recicladas e forradas de diferentes plantas, na meirande parte dos casos procedentes dos xardíns e hortos ecolóxicos dos centros. Co título ‘Homenaxe a Joseph Beauys’, o proxecto expresa a inspiración nas ideas deste creador alemán, quen sostiña que cada persoa leva un artista dentro e que a arte debe formar parte da vida.

Tras a súa estadía na Cidade da Cultura, estas pezas percorrerán outras localidades, como A Illa de Arousa, onde poderán visitarse na praia de O Bao (22, maio); o Concello de Cambados (23 de maio), que as exhibirá no Paseo da Calzada e no Praza do Concello en Vilanova de Arousa (24 de maio).

 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
Convocatoria aberta
Do 9 de abril ao 8 de maio
19 abr 2026
Ás 17:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h