GRADschool

O GRADschool é un curso de formación práctica e experimental de catro días deseñado para que os investigadores posdoutorais, en particular aqueles cun mínimo de 2-3 anos de experiencia posdoutoral, adquiran competencias transversais para a transferencia de tecnoloxía e comercialización.

Nestes cursos adéstranse as competencias necesarias que permitan a estes investigadores facerse cargo do resultado das súas propias investigacións mediante a súa transferencia a empresas, institucións, ou a través da xeración de emprendemento de base tecnolóxica.

Os GRADschools son un programa de referencia no Reino Unido na formación e o desenvolvemento dos investigadores. Iniciáronse hai 40 anos e constitúen a base para o desenvolvemento de programas de formación para a empregabilidade e a transferencia de investigadores en universidades e centros de investigación de primeiro nivel nese país.

A Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia e a Fundación Barrié desenvolven esta iniciativa de forma conxunta co obxectivo de avanzar cara a un cambio de cultura dentro da carreira investigadora e estimular o achegamento dos investigadores a actividades de transferencia e emprendemento.

O curso, dirixido a un máximo de 50 investigadores, está impartido por un equipo de titores cunha sólida experiencia práctica de traballo en equipo e formación.

En grupos de 10 persoas, os participantes traballan a través dunha variedade de situacións e experiencias nunha contorna empresarial e académica simulada. Cada grupo conta co apoio dun titor que lles axuda a facer un balance das experiencias e a establecer vínculos entre o vivido durante o exercicio, a súa investigación e a súa futura carreira.

Son cursos interactivos de formación que teñen un enfoque práctico: Learning by doing. As presentacións e a parte informativa constitúen eixos marxinais do programa, xa que a parte fundamental do concepto radica na participación activa dos investigadores nas sesións e actividades.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
9 — 25 Out 2026
De luns a domingo | De 10 a 20 h
15 Out 2026 — 10 Xan 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h
14 e 15 Nov 2026
Ás 18:00 h
Do 23 - 26 nov