A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Vacunología (AEV), coa colaboración de Sanofi Pasteur, organizan o evento FOROVAX Galicia 2022, un foro destinado a abordar os novos retos e estratexias en relación coa saúde pública e os programas de vacinación.
O foro desenvólvese na Cidade da Cultura os días 15 e 16 de xuño. Ao longo de dúas xornadas abordaranse cuestións como a investigación en vacinas, a incorporación de vacinas ao calendario vacunal ou a evidencia científica en publicacións sobre vacinas, entre outras.
Contarán coa participacion de destacados investigadores clínicos e expertos en microbioloxía e farmacéutica, representantes autonómicos con responsabilidades en materia de saúde pública e dos programas e rexistro de vacinacións en España e tamén especialistas en big data e dereito.
PROGRAMA 15 XUÑO
- 16h. Inauguración
- 16.30h. Mesa 1. «Investigación en vacinas»
- [18h. Descanso]
- 18.15h Mesa 2: «Lectura crítica e evidencia científica en publicacións sobre vacinas»
PROGRAMA 16 XUÑO
- 10.00h. Mesa 3. «Incorporación de vacinas ao calendario: evidencia científica e custo-efectividade
- [10.30h. Descanso]
- 11.45h. Mesa 4. «Saúde pública e novos retos e estratexias: O futuro xa é hoxe»
- 11:45-12:45h. Foro 1. O caleidoscopio da Saúde Pública: retos de hoxe e mañá
- 12:45-13:45h. Foro 2. Estratexias de futuro. Visións de como facer
-
14.00h. Clausura
























