FOROVAX Galicia 2022

A Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia e a Asociación Española de Vacunología (AEV), coa colaboración de Sanofi Pasteur, organizan o evento FOROVAX Galicia 2022, un foro destinado a abordar os novos retos e estratexias en relación coa saúde pública e os programas de vacinación.

O foro desenvólvese na Cidade da Cultura os días 15 e 16 de xuño. Ao longo de dúas xornadas abordaranse cuestións como a investigación en vacinas, a incorporación de vacinas ao calendario vacunal ou a evidencia científica en publicacións sobre vacinas, entre outras.

Contarán coa participacion de destacados investigadores clínicos e expertos en microbioloxía e farmacéutica, representantes autonómicos con responsabilidades en materia de saúde pública e dos programas e rexistro de vacinacións en España e tamén especialistas en big data e dereito.

PROGRAMA 15 XUÑO

  • 16h. Inauguración
  • 16.30h. Mesa 1. «Investigación en vacinas»
  • [18h. Descanso]
  • 18.15h Mesa 2: «Lectura crítica e evidencia científica en publicacións sobre vacinas»

PROGRAMA 16 XUÑO

  • 10.00h. Mesa 3. «Incorporación de vacinas ao calendario: evidencia científica e custo-efectividade
  • [10.30h. Descanso]
  • 11.45h. Mesa 4. «Saúde pública e novos retos e estratexias: O futuro xa é hoxe»
    • 11:45-12:45h. Foro 1. O caleidoscopio da Saúde Pública: retos de hoxe e mañá
    • 12:45-13:45h. Foro 2. Estratexias de futuro. Visións de como facer
  • 14.00h. Clausura

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027
Do 24 set - 30 nov 2026
Do 24 set - 30 nov 2026
30 Out 2026 — 28 Mar 2027
De martes a domingo | De 10 a 20 h