Foros #aculturasegue III: Retos do sector da música na era post COVID-19

Na terceira sesión dos Foros #aculturasegue abordamos os desafíos aos que se enfronta o sector da música, e concretamente o ámbito da clásica, no contexto actual, marcado pola progresiva reapertura de espazos de lecer, as limitacións que afectan aos espectáculos en directo, ou o auxe de novos formatos. Para tratar estas cuestións, contamos coa participación do ensaísta e crítico musical Juan Ángel Vela del Campo, e da directora técnica da Real Filharmonía de Galicia, Sabela García Fonte, nunha conversa conducida pola comisaria do Xacobeo 2021, Cecilia Pereira Marimón.

JUAN ÁNGEL VELA DEL CAMPO | ENSAÍSTA E CRÍTICO MUSICAL

Juan Angel Vela del Campo (Bilbao, 1947) é ensaísta e divulgador cultural en prensa, radio e televisión con máis de tres décadas de traxectoria profesional. Crítico musical de El País entre 1987 e 2015, e colaborador do programa La Ventana da Cadena SER. Foi fundador e director executivo do proxecto Ópera digital do Gran Teatro del Liceo de Barcelona, con transmisións en directo a 49 universidades de España, Portugal, Francia e México; dirixe tamén o programa Tutto Verdi da Asociación Bilbaína de Amigos de la Ópera e é director artístico desde 2015 do  Festival Terras sen sombra, no Alentejo portugués. Director e coordinador editorial da Historia de la Música en España e Hispanoamérica, en oito tomos, do FCE (Fondo de Cultura Económica). Premio da Crítica do Fondo de Cultura de Salzburgo en 2000, dirixe con asiduidade cursos en universidades españolas, ademais de impartir conferencias en diferentes institucións dentro e fóra de España.

 

 SABELA GARCÍA FONTE | DIRECTORA TÉCNICA DA REAL FILHARMONÍA DE GALICIA

Sabela García Fonte (Cabanas, 1979) é directora técnica da Real Filharmonía de Galicia desde 2017. Licenciada en Historia da Arte (especialidade en Historia da Música) pola USC e en Música Antiga (especialidade Violín Barroco) pola Escola Superior de Música e Artes Escénicas do Porto, conta cunha longa experiencia  como intérprete e un máster en Xestión Cultural pola Universitat Oberta de Catalunya. A súa carreira en xestión musical levouna a traballar na Orquesta Barroca de Sevilla e como coordinadora na Asociación Española de Festivais de Música Clásica-FestClásica. Como violinista, integrou agrupacións como o ensemble Gli Incogniti, a Orquestra Barroca da Casa da Música (Oporto), a Orquestra Barroca Divino Sospiro (Lisboa), ou a Orquestra Barroca de Sevilla. Tamén traballou no campo da música de cámara e a música medieval con grupos de Gran Bretaña, Portugal, España e Galicia, entre eles a Capela Compostelá.

 

  

Foros #aculturasegue

Os Foros #aculturasegue convidan ao debate e á análise dos retos aos que se enfronta o sector cultural na era post COVID-19. A actividade, dirixida a profesionais do sector cultural galego e a todo tipo de público interesado, está organizada pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Fundación Cidade da Cultura de Galicia, e coa colaboración do Xacobeo 2021. Enmárcase no Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da COVID-19, promovido polo Goberno galego, e pode seguirse de balde por videoconferencia. O ciclo desenvolve un total de oito webinarios arredor de diferentes temáticas, celebrados semanalmente coa participación de figuras de consolidada traxectoria no sector das industrias culturais.

 
 
De balde
Punto de encontro: Museo Centro Gaiás
29 Nov 2023 - 28 Abr 2024
De martes a domingo | De 10 a 20h
30 nov 2023 a 28 Abr 2024
Martes ás 17.00 horas
5 Dec 2023 - 19 Mai 2024
25 — 29 Ago 2024
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 24 MAI
22 Mar — 4 Ago 2024
De martes a domingo | De 10 a 20 h
22 Mar — 4 Ago 2023
Museo Centro Gaiás | Andar 2
12 Set 2023 - 21 Xuñ 2024
10.30 h | 11.30 h | 12.30 h | 13.30 h
6 Abril 2024
Ás 11.30 horas e ás 16.30 horas
3 - 5 Mai 2024
Ata 19 Mar 2024
Convocatoria pechada
Xul 2024 — Xan 2025
De martes a domingo | De 10 a 20 h