Faladoiros dixitais ao redor da Creatividade Dixital

A campaña 1 mes 1 profesión dixital, promovida pola Axencia de Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), nace co obxectivo de crear conciencia por parte da mocidade, universitarios/as, profesionais TIC e da cidadanía en xeral da necesidade de adquirir novas competencias e habilidades dixitais. A través desta iniciativa, ao longo de 2015 desenvolveranse unha serie de xornadas divulgativas, nas que teremos exemplos de empresas e profesionais que amosarán como cada vez máis se están a demandar estas competencias e coñecementos dixitais, e como o emprendemento dixital, vinculado ao mundo da Internet e das redes sociais, fai que continuamente xurdan negocios dixitais que ata hai moi pouco non existían.

Concienciar a xuventude e/ou experimentados profesionais da necesidade de ter coñecementos dixitais sólidos e da evolución destes ao mesmo ritmo que o fan as tecnoloxías será o espírito que se imprimará no conxunto de actuacións que se desenvolvan ao abeiro esta campaña.

Iniciativa europea

A actuación enmárcase na campaña europea e-Skills for Jobs 2015, coa que se busca rachar a fenda existente entre as demandas para unha transformación dixital, por unha banda, e as competencias e coñecementos técnicos e as capacidades da poboación activa, por outra. Trátase así de aproveitar o potencial das novas tecnoloxías e non perder o ritmo da concorrencia mundial.

O marketing, a comunicación, a educación, a arquitectura, a sanidade, a empresa… Todos os eidos profesionais e servizos á cidadanía avanzan pola senda da dixitalización e cómpre ter unha poboación preparada para asumir estes avances. A campaña 1 mes 1 profesión dixital facilita o achegamento a este novo escenario laboral e facilita a decisión de cara onde enfocar o futuro profesional.

PROGRAMA

09:45 | Recepción de asistentes

10:00 | Benvida Institucional: Fernando Suárez, Presidente do CPEIG

10:30 | Juan Corro, director académico de U-tad: Formación e emprego na revolución dos contidos

11:15 | Descanso

11:45 | Manuel Meijide, director de ILUX: Mundos dixitais e Novos Media

12:30 | Roberto Romero, fundador de Future Lighthouse: Realidade virtual, novos horizontes

13:15 | Mesa Redonda

 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h