Entrega Premios Arume de Poesía para a Infancia

O Premio Arume de Poesía para a Infancia foi creado por Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda coa finalidade de apoiar a poesía infantil e que tivo a súa primeira edición hai xa vinte anos. Retómase agora como unha iniciativa conxunta entre GÁLIX (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil),  a empresa Deleite e a Fundación Xosé Neira Vilas

Foi, no seu momento, o único certame de poesía para a infancia en Galicia, feito que lle confería un brillo especial (e dúas décadas máis tarde continuaría a selo). Nel participaron escritores e escritoras consagradas, e tamén noveis.

No tocante a GÁLIX, sección galega da OEPLI (Organización Española para el Libro Infantil y Juvenil) e representación do ámbito lingüístico galego no IBBY (International Board on Books for Young People), recolle entre as súas finalidades a “visibilización” do libro infantil e xuvenil en galego, e dentro deste obxectivo, o de promover aqueles xéneros que por diferentes razóns resultan “minorizados” no campo da edición comercial.

Neste momento, a Fundación Xosé Neira Vilas e GÁLIX, suman esforzos para manter vivo o certame literario, xa que contan co patrocinio de Deleite. Así propoñen a recuperación e continuidade do “Premio Arume de Poesía para a Infancia” e fixérono xustamente o 21 de marzo de 2021, Día da Poesía.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI