Entrega dos XII Premios Rosalía de Castro

O Centro PEN de Galicia celebra na Cidade da Cultura a entrega dos XII Premios Rosalía de Castro, nun acto literario que terá lugar o 29 de novembro ás 20:30 horas na Sala Eisenman, e que será presentado polo escritor Xosé Ramón Pena.

Estes galardóns, de carácter bianual, están pensado para premiar a traxectoria literaria de catro autores en lingua castelá, catalá, vasca e portuguesa, sistemas literarios veciños ao galego.

Nesta edición o Centro Pen Galicia decidiu outorgar os premios a Carmen Boullosa (México), Nuno Júdice (Portugal), Sergi Belbel (Cataluña) e Harkaitz Cano (Euskadi).

Estes catro escritores súmanse aos corenta e catro distinguidos nas edicións anteriores do premio, constituíndose nos "mellores embaixadores da literatura galega", segundo o xurado, formado por Luís González Tosar, Ánxela Gracián, Xabier Castro Martínez, Bieito Iglesias, Xosé Ramón Pena, Marilar Aleixandre, Luís Menéndez e Manuel Guede.

 
 
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h