Entrega de premios Catas de Queixos e de Meles de Galicia

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado do director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), José Luis Cabarcos, participará na entrega dos galardóns da XXIII cata dos queixos e da XIX cata dos meles de Galicia. Coñeceranse os galardonados nestes dous certames que, para premiar a excelencia, a Consellería do Medio Rural concede anualmente.

Están organizados pola Axencia Galega de Calidade Alimentaria (Agacal), dependente da Consellería do Medio Rural, coa colaboración dos consellos reguladores das catro denominacións de orixe protexidas de queixos existentes en Galicia (DOP San Simón da Costa, DOP Queixo Tetilla, DOP Arzúa-Ulloa e DOP Cebreiro), e o consello regulador da indicación xeográfica protexida Mel de Galicia.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
2 Xul - 14 Ago 2026
21 horas
7, 14 e 21 de xullo 2026
Ás 18:30h
8 xull 2026
Ás 20:00h
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN PECHADO
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada