Enocións by Ribeiro: Viño e Moda

Enocións by Ribeiro volve á Cidade da Cultura o 1 de xuño, nunha sesión que marida viño e moda. Da man do Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro, os asistentes a esta nova cita coa cultura vitivinícola poderán descubrir as creacións da Colección Coupage da deseñadora coruñesa María Barros, maridados con catro viños da D.O. Ribeiro, e gozar cunha visita guiada á exposición Con-Fío en Galicia. A visita guiada comezará ás 19.00 horas e a presentación dos deseños e cata de viños, ás 20.00 horas. 

A Colección Coupage de María Barros está inspirada no mundo do viño e a deseñadora será a encargada de explicar as súas creacións xunto á xerente da D.O. Ribeiro Cristina Alcalá, quen colaborou na colección con María Barros. Viño e moda, unha simbiose harmonizada cos viños Adeus, de Bodegas GRM; Alberte, de Bodegas Nairoa; Alter, de Viña da Cal; e Expresión de Pazo do Mar, de Adegas Pazo do Mar. Baseándose nos diferentes procesos creativos do viño e os seus elementos de produción natural, María Barros preparou unha colección no que o espírito da deseñadora fusiónase co do enólogo para converterse nunha mesma alma.

Previamente, os participantes poderán descubrir a historia da moda e do téxtil a través da visita guiada á mostra Con-Fío en Galicia, en exhibición no Museo Centro Gaiás ata o 11 de setembro. Uns 100 looks singulares da nosa moda, reinterpretacións contemporáneas de indumentarias históricas, valiosas coleccións privadas e unha selección de material fotográfico e audiovisual guiarán ao visitante polos fitos máis destacados da nosa historia téxtil.

 
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
19 abr 2026
Ás 17:00h
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h