Diálogos de danza

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta de Galicia e a Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural promoven a xornada “DIÁLOGOS DE DANZA. Unha ponte entre a creación e a programación”, o 28 de marzo na sala Eisenman da Cidade da Cultura.

Dirixido a compañías de danza, programadores do sector cultural, público e privado, técnicos de cultura, e profesionais da danza e as artes do movemento, o obxectivo principal será poñer en común os diagnósticos e propostas do colectivo das compañías de danza e artes do movemento e dos profesionais das artes escénicas en Galicia, para deseñar fórmulas que propicien a mellora dos índices de exhibición de espectáculos, o aumento de públicos e a sustentabilidade do sector da danza.

O programa inclúe a presentación de propostas de mellora no ámbito, unha sesión de pitching e a posta en común de experiencias e modelos inspiradores que están a ser innovadores. Esta xornada está dirixida polo xestor cultural Manu Lago e a coreógrafa, bailarina e investigadora Paula Quintas. Procurarase afondar no diálogo e coñecemento dos intereses e inquietudes dos diferentes perfíles —profesionais e artísticos—, e das entidades que habitan o sector da danza. 

As prazas son limitadas, a inscrición está aberta neste formulario. Máis información do evento e inscricións na súa páxina web.

PROGRAMA

  • 9.30h Apertura institucional
  • 10.00h - 10.40h Punto de partida: presentación dos resultados sobre o  proceso de análise e propostas para a mellora das programacións de espectáculos de danza e artes do movemento.
  • 10.45h-10.55h  Panorámica da escena galega da Danza en Galicia.
  • 11.00h – 11.45h Danza en Galicia: Sesión de pitching a cargo de compañías de danza e/ou distribuidoras galegas.
  • 11.45h - 12.10h PAUSA – CAFÉ
  • 12.10h - 13.15h Presentación de experiencias inspiradoras sobre danza.
  • 13.20h - 14.15h Conversa: Cara novos modelos de exhibición da danza nos concellos de Galicia.  
  • 14.30h - 16.00h Pausa – Xantar
  • 16.00h – 17.30h Compañías e programadores: un traballo conxunto para o desenvolvemento da danza. Dinámica participativa con Diego Parajó (XENEME).
  • 17.30h - 18.00h Peche e conclusións.
 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI