O primeiro sábado do mes de xullo celébrase o Día do Cooperativismo galego, coincidindo co Día Internacional do Cooperativismo. A finalidade desta celebración é o enxalzamento dos valores e principios cooperativos, así como resaltar a importancia do cooperativismo para o desenvolvemento económico e social de Galicia.
A Cidade da Cultura acollerá a entrega de premios convocados polo Consello Galego de Cooperativas: os Premios á cooperación, os premios do certame Cooperativismo no ensino e os do Concurso de iniciativas de proxectos cooperativos experimentais. Ademais dos actos de carácter institucional, o Museo Centro Gaiás acollerá unha serie de actividades de carácter lúdico para nenos e maiores, diversos xogos cooperativos e a exposición de todos os traballos presentados a concurso.
Podedes consultar o programa aquí






















