Demoday Go2Work 2018

A Cidade da Cultura de Galicia acolle o 26 de setembro a presentación dos proxectos emprendedores que completaron a terceira edición do 'Programa Go2Work', coworking centrado no sector das industrias culturais e tecnolóxicas que organiza o IGAPE e a EOI, coa colaboración do Centro de Emprendemento Gaiás.

No Demoday cada participante disporá dun tempo moi breve, non máis de sete minutos, para dar a coñecer a súa iniciativa. Estas son as iniciativas que se presentarán no evento:

  • Wolvers UP - Bea García
  • Tu mueble vintage (PICAPAU) - Sarah Domínguez
  • Charo López Atelier - Charo López
  • International Traditional Food - Maya Alsousli
  • Reina D'Hoore
  • Suburbia - Daniel Pino
  • Boina Galega - Sandra Vilas
  • Pedrido Fotografía - Alberto Pedrido
  • Step By Step - Izabela Niechwiadowicz
  • 3399 - Ramón Gómez
  • Nous Eduka - Leticia del Valle
  • EQ - Alberto García
  • Ángela Rico
  • Spacio b - Bea Barril
  • Mamá Lela - Maribel Mariñas e Inés Rodríguez

A esta presentación acudirán a directora-xerente da Cidade da Cultura de Galicia, Ana Isabel Vázquez Reboredo, o xerente de IgapeNova, Guillermo Viña, e o director da Área de Desarrollo de Pymes da EOI, Javier Benito.

O 'Programa Go2Work' inclúe obradoiros, sesións de formación grupal e mentoría para emprendedores pertencentes ás industrias culturais e tecnolóxicas cun proxecto empresarial en fase temperá de desenvolvemento ou cunha empresa creada recentemente (non máis de 6 meses antes da súa incorporación ao espazo coworking).

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
A partir do 31 Mar 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
7 - 10 Mai 2026
Convocatoria pechada
Prazo de solicitudes ata 8 de marzo
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h