A xornada de mañá de Delas Fest. Mulleres e cultura urbana procura a través de faladoiros e unha mesa rendonda analizar colectivamente e con perspectiva crítica algunhas das temáticas apuntadas como fundamentais por profesionais da disciplina para acadar a igualdade. Entre eles, abordaranse os condicionantes-obstáculos que impón o xénero sobre o traballo artístico no espazo público; a necesidade de construír espazos de diálogo en rede e desde a sororidade; a loita colectiva contra as condicións de precariedade nas que, en moitas ocasións, se traballa en festivais e grandes citas do sector; o paternalismo e/ou a indiferenza coa que se continúa a xulgar as obras das mulleres creadoras da disciplina, etc.
PROGRAMA
- 10:15 a 11:15 h. O espazo público como espazo político, por Lina Castellanos.
- 11:20 a 12.20 h. A arte urbana desde o colectivo e contextual, por Lorena Arévalo.
- 12:20 a 12:45 h. Pausa-café.
- 12:45 a 14:00h.Mesa redonda.Mulleres e cultura urbana.Unha análise desde o feminismo con varias artistas profesionais do sector da cultura urbana de Galicia: Eva Comesaña, Festa, IRA, Iria Prol e Marcia Vázquez. Modera: Clara R. Cordeiro.
PARTICIPANTES
- Lina Castellanos (Colombia) é artistavisual e Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero pola Universidade Autónoma de Madrid. Integrante do colectivo de muralistas Dúo Amazonas, tamén forma parte do equipo adiovisual da organización internacional Economía Feminista.
- Lorena Arévalo (Galicia) é muralista e docente universitaria. Doutora en Arte e Humanidades pola Universidade de Vigo, participa na posta en marcha de iniciativas de acción colectiva e na creación de obras con vocación emancipadora e un forte enfoque de xénero. Desde 2016 forma parte do proxecto Expostas.
- Festa (Galicia) é unha multidisciplinar artista especializada en ilustración e deseño.Licenciad en Belas Artes pola Universidade de Granada e a Accademia d iBelle Arti Bologna,desde os seus inicios cos estarcidos e os adhesivos interésase pola expresión visual en diálogo cómplice co espazopúblico.Traballa coma deseñadora,pintora e muralista freelance.
- Ira (Galicia) é grafiteira. Formada de forma autodidacta a partir da aprendizaxe xunto a outras escritoras e escritores de graffiti no ambiente do hip-hop coruñés, desde 2012 exprésase nas rúas do noso país desde unha perspectiva antipatriarcal e antiautoritaria.
- Iria Prol (Galicia) é ilustradora e deseñadora. Conta co seu propio estudo dende o 2015 e actualmente forma parte da directiva da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI). É tamén parte de Artesanía de Galicia e da Association of Illustrators (AOI) de Reino Unido.
- Marcia Vázquez e Eva Comesaña (Galiza) son bailarinas de ritmos urbanos e parte da compañía de danza e música Beehive xunto á cantante Paula Herrero (High Paw). Integrantes da asociación de mulleres artistas85C, desde 2013 organizan eventos de difusión da cultura urbana na área de Vigo.
Nov 2025 - Abril 2026
De martes a domingo
Do 22 out 2025 - 31 maio 2026
28 Out 2025 — 5 Abr 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
30 xan -
Feb - Set 2026
De martes a domingo
7 — 8 Mar 2026
12.00 h
8 Mar 2026
Ás 19:00h
























