Delas Fest | Faladoiros e mesa redonda de 'Mulleres e cultura urbana'

A xornada de mañá de Delas Fest. Mulleres e cultura urbana procura a través de faladoiros e unha mesa rendonda  analizar colectivamente e con perspectiva crítica algunhas das temáticas apuntadas como fundamentais por profesionais da disciplina para acadar a igualdade. Entre eles, abordaranse os condicionantes-obstáculos que impón o xénero sobre o traballo artístico no espazo público; a necesidade de construír espazos de diálogo en rede e desde a sororidade; a loita colectiva contra as condicións de precariedade nas que, en moitas ocasións, se traballa en festivais e grandes citas do sector; o paternalismo e/ou a indiferenza coa que se continúa a xulgar as obras das mulleres creadoras da disciplina, etc. 
 
PROGRAMA
  • 10:15 a 11:15 h. O espazo público como espazo político, por Lina Castellanos.  
  • 11:20 a 12.20 h. A arte urbana desde o colectivo e contextual, por Lorena Arévalo.
  •  12:20 a 12:45 h. Pausa-café.
  • 12:45 a 14:00h.Mesa redonda.Mulleres e cultura urbana.Unha análise desde o feminismo con varias artistas profesionais do sector da cultura urbana de Galicia:  Eva Comesaña, Festa, IRA, Iria Prol e Marcia Vázquez. Modera: Clara R. Cordeiro.
 
PARTICIPANTES 
  • Lina Castellanos (Colombia) é artistavisual e Máster en Estudos Interdisciplinares de Xénero pola Universidade Autónoma de Madrid. Integrante do colectivo de muralistas Dúo Amazonas, tamén forma parte do equipo adiovisual da organización internacional Economía Feminista.
  • Lorena Arévalo (Galicia) é muralista e docente universitaria. Doutora en Arte e Humanidades pola Universidade de Vigo, participa na posta en marcha de iniciativas de acción colectiva e na creación de obras con vocación emancipadora e un forte enfoque de xénero. Desde 2016 forma parte do proxecto Expostas.
  • Festa (Galicia) é unha multidisciplinar artista especializada en ilustración e deseño.Licenciad en Belas Artes pola Universidade de Granada e a Accademia d iBelle Arti Bologna,desde os seus inicios cos estarcidos e os adhesivos interésase pola expresión visual en diálogo cómplice co espazopúblico.Traballa coma deseñadora,pintora e muralista freelance.
  • Ira (Galicia) é grafiteira. Formada de forma autodidacta a partir da aprendizaxe xunto a outras escritoras e escritores de graffiti no ambiente do hip-hop coruñés, desde 2012 exprésase nas rúas do noso país desde unha perspectiva antipatriarcal e antiautoritaria.
  • Iria Prol (Galicia) é ilustradora e deseñadora. Conta co seu propio estudo dende o 2015 e actualmente forma parte da directiva da Asociación Galega de Profesionais da ilustración (AGPI). É tamén parte de Artesanía de Galicia e da Association of Illustrators (AOI) de Reino Unido.
  • Marcia Vázquez e Eva Comesaña (Galiza) son bailarinas de ritmos urbanos e parte da compañía de danza e música Beehive xunto á cantante Paula Herrero (High Paw). Integrantes da asociación de mulleres artistas85C, desde 2013 organizan eventos de difusión da cultura urbana na área de Vigo.

 

 

 
 
21 Out 2021 - 20 Feb 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 h
26 Out 2021 - 20 Feb 2022
Venres, 17.00 h
26 Out 2021- 31 Mai 2022
De 9 a 21 horas
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
De martes a domingo | De 10 a 20 horas
28 Out 2021 - 17 Abr 2022
17.00 h
Dec 2021-Xan 2022
De 9.00 a 21.00 horas de luns a domingo
14 Dec 2021 - 23 Xan 2022
Lu-Do | 10.00-20.00h
Inverno 2021
De martes a domingo
Inverno 2021
Sáb e Dom, ás 11.30h
25 Xan - 8 Abr 2022
10.00 h| 12.30 h
29 e 30 XAN 2022