A Wine & Spirit Education Trust (WSET) é o maior provedor mundial de programas educativos de viños e bebidas espirituosas. Recoñecida polas empresas e organizacións de bebidas máis importantes do mundo, a WSET é líder no desenvolvemento e a impartición de cursos de viños e espirituosos desde fai cinco décadas. Con catro cursos de niveis progresivos traducidos a múltiples idiomas e ofrecidos a través dunha rede de centros de ensino en máis de 70 países, as calificacións da WSET inspiran e capacitan a profesionais e entusiastas destas bebidas.
Ingavi está acreditado e certificado como Approved Program Provider en España para a realización dos cursos Level 1, 2 e 3 en castelán, sendo o único centro en Galicia autorizado para impartir o Nivel 3. Esta formación é bonificable por FUNDAE.
Os días 3, 4, 10 e 11 de xuño terá lugar no Espazo OFF o WSET Nivel 3: Certificación de Nivel 3 en Viños. Será en horario de 9:00 a 14:00 e de 15:00 a 20:00 horas.
























