Curso deseño de programacións de artes escénicas

O curso Deseño de programacións de artes escénicas en Galicia, promovido pola Xunta de Galicia a través da Axencia Galega das Industrias Culturais, desenvólvese en colaboración coa Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural (AGPXC) co obxectivo de cubrir un baleiro formativo no sector e mellorar a oferta de artes escénicas en Galicia.

Trátase dunha formación gratuíta que conta con certificado de aproveitamento e está dirixida a profesionais responsables de seleccionar, contratar e exhibir espectáculos de artes escénicas, tanto no ámbito público como no privado. O itinerario formativo está distribuído en sete sesións presenciais e en liña nas que 23 docentes de referencia neste ámbito en Galicia desenvolverán unha ampla proposta de contidos dirixidos a dotar ao sector de recursos que lles permitan asumir con solvencia o deseño de programacións de calidade, incentivar novos modelos que dean cabida á riqueza e diversidade actual de propostas, propiciar unha relación enriquecedora entre todos os axentes deste ámbito e fomentar a conexión entre artes escénicas e públicos.

As sesións presenciais impártense no Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. O curso ten unha duración total de 42 horas e a asistencia mínima obrigatoria para a obtención da certificación é de 35 horas.

Programa completo en PDF 

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI