Curso de creación teatral

Baixo o patrocinio da Fundación AISGE e coa colaboración da AGADIC-Xunta de Galicia e a Fundación Cidade da Cultura, a Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAG) convoca do 3 ao 6 de xuño un obradoiro de creación teatral con Diego Lorca de Titzina Teatro.

Obxectivos do curso

1. - Coñecer todos os pasos dun proceso creativo teatral, nun espazo reducido de tempo, segundo os métodos de traballo da compañía Titzina.

2. - Desagregar por etapas algunha creación da compañía, ao mesmo tempo que os participantes do curso experimentan eles mesmos cada un dos pasos necesarios para crear unha obra de teatro.

Baseándose no método creativo de TITZINA TEATRE, propóñense unhas sesións de traballo que motiven aos seus participantes para mostrar o seu propio universo creativo sen complexos e facendo posible a perda do medo para lanzarse ao baleiro, mostrar as ferramentas básicas para a transposición teatral a partir da observación do cotián que nos rodea e conseguir organizar esta experiencia nunha pequena presentación.

 
 
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
A partir do 31 Xul 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
A partir do 31 Xul 2026
De 10 h a 20 h
Set - Nov 2026
Convocatoria pechada
09 Set 2026 — 22 Xuñ 2027
11 Set 2026 - 1 Feb 2027
Convocatoria aberta
Do 17 set 2026 ao 9 xan 2027