Curso de captación e xestión de fondos para entidades sen fin de lucro

Algalia pon en marcha un Curso de captación e xestión de fondos para entidades sen fin de lucro que, en tres sesións, ten como obxectivo implicar a persoas para que participen nunha causa.

Os obxectivos que se pretenden son os seguintes:

  • Reflexionar sobre as condicións necesarias para a captación de fondos e cal é o potencial de cada unha das entidades asistentes para as diferentes técnicas de captación de fondos.
  • Identificar as claves da comunicación nas organizacións para orientala á captación de fondos.
  • Coñecer as claves e técnicas das distintas fontes de financiamento ás que poden acceder as organizacións.
  • Ser capaz de implementar distintas técnicas de captación de fondos en función do obxectivo perseguido e das características do proxecto.
  • Asegurar que se cumple o marco legal nas accións de captación

 

Programa

Primeira sesión 6-7 de xullo de 2017. Comunicar para involucrar. Xerar ingresos pasa por atraer e captar a persoas para que participen na nosa causa, e a comunicación é o primeiro paso. Como se integra a captación de fondos na planificación, a estrutura e a cultura dunha organización.

Segunda sesión 21-22 Setembro de 2017. Empezando pola base. Os socios son máis que doantes que achegan estabilidade económica, xeran a lexitimidade social para levar adiante os nosos proxectos.

Terceira sesión 26 de Outubro de 2017. Xerando seguridade e confianza: A organización que define utilizar a captación de fondos como vía de financiamento ha de velar por un cumprimento e unha xestión adecuada para manter a relación de confianza cos seus doantes.

 
 
4 Feb — 30 Ago 2026
10.00 — 20.00 h
26 Feb — 6 Set 2026
10.00 — 20.00 h
16 Set 2025 — 19 Xuñ 2026
12 Mai — 14 Xuñ 2026
De 11h a 14h e de 16h a 20h
22 - 26 xuñ [Agás 24 xuñ] | 29 - 3 xull
De 10.00 a 15.00 h (+servizo madruga desde as 8.00h)
Mai - Xuñ 2026
Convocatoria pechada
4 Xuñ — 29 Nov 2026
De martes a domingo | De 10 a 20 h
20 xuñ 2026
Ás 11:30h Peque Holi | Ás 12:00h Holi Gaiás
1 — 4 Set 2026
PRAZO DE INSCRICIÓN ABERTO ATA 21 MAI